CONECTA EMPREGO MONFORTE

Conecta Emprego Monforte é un programa orientado a mellorar a empregabilidade da mocidade mediante formación adaptada, desenvolvemento de habilidades sociolaborais e acompañamento na procura de emprego.

O obxectivo do programa é ofrecer ás persoas mozas ferramentas e recursos que lles permitan mellorar as súas oportunidades de acceso ao mercado laboral, reforzando as súas competencias persoais e profesionais e facilitando o contacto co tecido empresarial.

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que se atopen en situación de desemprego e estean en procura activa de emprego, con interese en mellorar a súa formación e adquirir novas competencias que lles axuden a incorporarse ao mercado laboral.

Que ofrece o programa?

As persoas participantes terán acceso a diferentes accións orientadas a favorecer a súa inserción laboral:

  1. Sesións de información, orientación e asesoramento individualizado, nas que se traballará o itinerario profesional de cada participante.
  2. Obradoiros de habilidades sociolaborais, enfocados a mellorar competencias como a comunicación, o traballo en equipo, a organización ou a preparación para procesos de selección.
  3. Accións de prospección e intermediación laboral, que facilitan o contacto con empresas e oportunidades de emprego.
  4. Prácticas non laborais en empresas, que permiten adquirir experiencia e achegarse ao contorno laboral real.

Formación para o emprego

Dentro do programa tamén se desenvolverán accións formativas orientadas a mellorar a cualificación profesional das persoas participantes:

  1. Formación en Operario/a de almacén (48 horas)
  2. Formación en Atención ao cliente e caixa (20 horas)

Estas formacións están deseñadas para desenvolver competencias prácticas demandadas no mercado laboral, facilitando así novas oportunidades de emprego.

Información e contacto

Se queres máis información ou estás interesado/a en participar no programa, podes poñerte en contacto co equipo de Fundación Impulsarse:

📍 Vigo | Av. Camelias, 42 – Baixo
📞 698 149 582 – Paula
📧 paulatoucedo@fundacionimpulsarse.es

Programa financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 4 de xullo de 2025 pola que se convocan subvencións para programas de interese xeral dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do imposto de sociedades.

Murcia Impulsa

Si estás desempleado/a y quieres recibir ayuda para mejorar tus oportunidades laborales, Murcia Impulsa es para ti.

Este proyecto integral de empleo para colectivos vulnerables está financiado por fondos procedentes delMinisterio de Trabajo y Economía Social – Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).

RUSTICS: Programa de alfabetización dixital para maiores de 55 anos

O programa RUSTICS está dirixido a persoas maiores de 55 anos que desexen aprender a usar a tecnoloxía dun xeito sinxelo, práctico e adaptado ás súas necesidades. O obxectivo é mellorar a autonomía e a confianza no ámbito dixital, facilitando a utilización do móbil, Internet, redes sociais e aplicacións útiles no día a día.

Lerch@s Sociais 2026

O proxecto Lerch@s Sociais é un programa deseñado para persoas comprometidas co voluntariado social e con ganas de marcar a diferenza na vida de quen máis o precisa.