PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING NA EMPRESA 2024 – 2025

Fundación Impulsarse para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social participa no programa Xuventude Mentoring na Empresa, impulsado pola Xunta de Galicia e axuda financeira da UE, como entidade beneficiaria dunha subvención na que poderán participar 25 persoas mozas maiores de 18 anos, para a realización de estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de

Programa de emprego

A finalidade deste programa é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), cun apoio da axuda financeira da UE. non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, cos seguintes obxectivos específicos:

a) Potenciar os programas de educación non formal nos que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.

b) Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.

c) Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.

d) Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.

Requisitos das persoas mozas participantes neste programa


a) Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Condicións e beneficios do programa

As persoas participantes percibirán unha bolsa de formación cun importe de 661,50€ mensuais, incrementada en 100€ en caso de persoas con discapacidade, e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía non sexa no seu concello de residencia.
Ademais recibirán unha formación complementaria, cun mínimo de 20 horas lectivas e apoio e titorización durante a duración das estadías.
As horas formativas nas entidades ou empresas nas que se realizan as estadías terán unha
duración mínima de 100 horas mensuais e un mínimo de catro días laborais por semana.

Número de prazas ofertadas


🔹 Ingenieros/as industriales o mecánicos/as: 5 postos dispoñibles (Vigo)
🔹 Informático/a junior : 1 posto dispoñible (Vigo)
🔹 Community manager: 1 posto dispoñible (Vigo)
🔹 Personal administrativo: 3 postos dispoñibles (Vigo)
🔹 Mecánico naval: 1 posto dispoñible (Vigo)
🔹 Creativo/a para agencia de Marketing: 2 postos dispoñibles (Vigo)
🔹 Terapeuta ocupacional/Trabajador/a social/Educador/a social:1 posto dispoñible (Vigo)
🔹 Aprendiz de costurero/a: 2 postos dispoñibles de costurera, 1 posto dispoñible de alta costura (Vigo)
🔹 Redero/a: 1 posto dispoñible (Vigo)
🔹 Dependientas: 3 postos dispoñibles (Vigo)
🔹 Operarios/as de automoción: 5 postos dispoñibles (Porriño)
🔹 Aprendiz de carpintero/a: 2 postos dispoñibles (Porriño)
🔹 Fisioterapeuta: 1 posto dispoñible (Oia)
🔹 Masajista estética: 1 posto dispoñible (Oia)
🔹 Profesor/a de Yoga/Pilates: 1 posto dispoñible (Oia)
🔹 Recepcionista: 1 posto dispoñible (Oia)
🔹 Aprendiz de mantenimiento: 1 posto dispoñible (Oia)
🔹 Desarrollador/a de software: 1 posto dispoñible (Vigo)
🔹 Técnico/a de sistemas: 1 posto dispoñible (Vigo)

Inscrición

As solicitudes das persoas mozas interesadas en participar no programa Xuventude Mentoring na
empresa presentaranse a través da seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc32ff4pvXtvZjhb8dXn5yd2daBXKRaCJj2ezefCTVji
YrsHA/viewform

Prazo de presentación de solicitudes:

18 de outubro de 2024 ata o 06 de novembro de 2024

Contacto:

Correo electrónico: prospeccion@fundacionimpulsarse.es
Teléfono: 698 12 68 38
Para máis información: Fundación Impulsarse, C/ Camelias 42, Vigo, 986 046 444

oviedo impulsa 2025

PAE 2025

Tiene como objetivo mejorar la inserción laboral mediante orientación y píldoras formativas de corta duración articuladas en distintos itinerarios personalizados de empleo.

Impulsa mujer 5

Impulsa Mujer 5

Programa gratuito en Vigo – Galicia dirigido a mujeres en situación de violencia de género. Formación con prácticas, orientación laboral y beca. ¡Inscríbete ahora!

Punto Violeta

La violencia de género es una realidad que nos interpela como sociedad. No es un problema individual, es una responsabilidad colectiva. Desde Fundación Impulsarse ponemos en marcha el programa “Yo Soy Tu Punto Violeta”, una iniciativa de sensibilización, prevención y creación de redes de apoyo que busca convertir cada espacio en un lugar más seguro.