PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE FUNDACIÓN IMPULSARSE 2024/2025

Programa en período de execución dende o 15 de outubro de 2024 ata o 14 de outubro de 2025 nos CONCELLOS DE BAIONA, FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, MOS, NIGRÁN, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, REDONDELA, SALCEDA DE CASELAS, VIGO E CANGAS.

Destinado a 100 persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego no Servizo de Emprego Público galego, e que pertencen a algún destes colectivos:

  • Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación
  • Persoas desempregadas con discapacidade
  • Inmigrantes con autorización de residencia temporal con fins de formación

• Orientación, información e asesoramento laboral.
• Búsqueda e apoio laboral.
• Posibilidade de realizar prácticas non laborais.
• Formación adaptada aos teus intereses.

Durante o desenvolvemento do programa levaranse a cabo sesións de información, orientación e asesoramento a todas as persoas participantes do Programa Integrado de Emprego.

Nas sesións de orientación trabállase sobre o itinerario de cada participante dende a motivación, establecendo obxectivos a curto prazo, revisando os marcados nas sesións anteriores e apoiando a búsqueda activa de emprego.

As sesións de asesoramento tratarán sobre lexislación laboral, creación de empresas, cooperativismo, e todo o relacionado co ámbito laboral que poida necesitar a persoa usuaria.

Todas as persoas participantes terán a opción de levar a cabo as sesións individuais vía online ou telefónica, sempre que se deixe un rexistro destas accións. Debemos facilitarlles ás familias a conciliación, e esta é unha das nosas medidas.

Durante o desenvolvemento do programa realizaranse diferentes formacións englobadas nos seguintes itinerarios:

A prospección empresarial é o pilar básico sobre o que se estruturan todos os nosos programas. Fundación Impulsarse traballa a favor da inserción laboral e, para iso, resulta esencial manter unha comunicación fluída coas empresas das zonas de referencia. Moitas delas xa colaboran habitualmente connosco, o que permite que, unha vez preparadas, as persoas participantes poidan ser contratadas por estas empresas. Isto proporciónanos unha vantaxe competitiva en termos de insercións, xa que contamos con empresas fidelizadas.

Estamos nunha procura continua de como chegar a máis empresas e dar a coñecer o programa integrado de emprego. Por iso, empregamos moito as redes sociais como LinkedIn, Facebook e Instagram para chegar a diferentes públicos.

A nosa prospección non se centra só en Vigo, Pontevedra e arredores, xa que a mobilidade xeográfica é un dos obxectivos que perseguimos, ao igual que pretendemos promover ese fluxo cara ás áreas rurais. Algunhas das empresas colaboradoras tamén teñen centros de traballo en Portugal e, dada a proximidade con Vigo, estas empresas poden axudar dobremente á inserción das persoas participantes.

[cf7form cf7key=»inscripcion_pie»]

ATRIA 25–27 – Inclusión sociolaboral para personas inmigrantes en Vigo

Atria 25-27

Programa ATRIA 25–27 para personas inmigrantes en situación de vulnerabilidad en Vigo. Itinerarios personalizados, acompañamiento social y formaciones para mejorar la empleabilidad.

semillas sociales

SEMILLAS SOCIALES

Es un programa de inclusión y transición al empleo enmarcado en la tipología 2o.1.2 de la sección de inclusión sociolaboral. Se dirige a personas en situación o riesgo de exclusión social con el objetivo de mejorar su autonomía, empleabilidad e integración social mediante un itinerario estructurado, flexible y adaptado a sus necesidades reales.

oviedo impulsa 2025

PAE 2025

Tiene como objetivo mejorar la inserción laboral mediante orientación y píldoras formativas de corta duración articuladas en distintos itinerarios personalizados de empleo.