

Fundación Impulsarse para o Desenvolvemento do Emprego e a Integración Social participa no Programa Xuventude Mentoring na Empresa, impulsado pola Xunta de Galicia e co apoio financeiro da Unión Europea, como entidade beneficiaria dunha subvención destinada a fomentar a empregabilidade da mocidade galega.
Este programa permite que persoas mozas maiores de 18 anos realicen estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas vinculadas a sectores económicos estratéxicos.
Obxectivos do programa
- Reforzar a empregabilidade e as habilidades profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas en sistemas de educación ou formación.
- Mellorar a formación a través da adquisición de experiencia profesional para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral.
- Potenciar a educación non formal orientada ás demandas do contexto laboral actual.
- Achegar a mocidade á realidade empresarial e fomentar a súa autonomía persoal.
- Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.
- Favorecer a captación e retención de talento nos sectores clave da economía galega.
Requisitos para participar
- Ter cumpridos os 18 anos e non superar a idade máxima establecida polo SNGX (segundo o artigo 97.c da Lei 18/2014, do 15 de outubro).
- Estar empadroado/a na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscrito/a no SNGX e figurar como persoa beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Condicións e beneficios
- As persoas participantes percibirán unha bolsa de formación cun importe de 700 € mensuais, incrementada en 100€ en caso de persoas con discapacidade, e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía non sexa no concello de residencia do participante.
- Formación complementaria cun mínimo de 20 horas lectivas.
- Apoio e titorización ao longo das estadías.
- Estadías cunha duración mínima de 100 horas mensuais e asistencia mínima de catro días laborais por semana.
Postos ofertados 2025
- Marketing: 2 prazas (Vigo)
- Manipulación de froitas / Operario/a industria alimentaria: 3 prazas (Gondomar)
- Operarios/as cadea de produción: 4 prazas (Porriño)
- Traballo social: 1 praza (Vigo)
- Administración con contabilidade: 1 praza (Vigo)
- Costura: 1 praza (Vigo)
Inscrición
As solicitudes das persoas mozas interesadas en participar no programa Xuventude Mentoring na empresa presentaranse a través da seguinte ligazón:
Prazo de presentación de solicitudes:
2 de Maio de 2025 ata o 15 de Maio de 2025
Contacto:
📍 Dirección: Fundación Impulsarse, C/ Camelias 42, Vigo.
📱 Teléfono: 698 12 68 38 / 986 046 444
✉️ Correo electrónico: prospeccion@fundacionimpulsarse.es


