
II Feira de Emprego en Fundación Impulsarse
O vindeiro 23 de maio de 2025, de 11:00 a 13:00, celebrarase na nosa sede da Avda. Camelias, 42 – baixo (Vigo) a II Feira de Emprego de Fundación Impulsarse.
Un evento aberto a todas as persoas en procura de emprego ou interesadas en mellorar a súa situación laboral. Será unha oportunidade única para:
✅ Falar directamente con recrutadores
✅ Entregar o teu CV en man
✅ Coñecer ofertas reais de emprego
✅ Resolver dúbidas co noso equipo
Como participar?
1️⃣ Achegáte á sede o 23 de maio entre as 11:00 e as 13:00
2️⃣ Trae o teu CV
3️⃣ Fala coas empresas colaboradoras
📞 Máis información: 604 028 189
📧 ainhoamiranda@fundacionimpulsarse.es
🤝 Esta actividade enmárcase no Programa Integrado de Emprego 2024/25, cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).


