Desde a Fundación Impulsarse, no marco do programa Somos Migracións, poñemos en marcha novas formacións en idiomas (castelán e galego) dirixidas a persoas migrantes co obxectivo de cooperar no seu proceso migratorio.

🌍 ¿En que consiste o programa?


O obxectivo destas formacións é facilitar a integración social, cultural e laboral, mellorando as competencias lingüísticas necesarias para acceder ao emprego, á educación, á sanidade e a outros servizos básicos. O dominio das dúas linguas oficiais de Galicia tamén axuda a fortalecer os lazos coa comunidade e a comprender mellor a súa cultura e valores.

📚 Formación en:


✅ Competencia básica en lingua castelá (88 horas)
✅ Competencia básica en lingua galega (88 horas)

💡 ¿Como participar e onde se imparten?

As clases desenvolveranse na nosa sede de Vigo, Avenida das Camelias, 42, cunha metodoloxía práctica, dinámica e adaptada ás necesidades das persoas participantes. Ademais, as persoas interesadas realizarán unha entrevista inicial para coñecer o seu perfil.

Programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

IMPULSANDO 5

Programa de cooperación para el fomento del empleo con entidades sin ánimo de lucro En Fundación Impulsarse ponemos en marcha IMPULSANDO 5, un programa que

FAMILIAS VITALES

Familias Vitales es un programa de orientación, formación y acompañamiento sociolaboral dirigido a familias que se encuentran en situación de especial dificultad, riesgo o exclusión