
Lerch@s Sociais
O proxecto Lerch@s Sociais é un programa deseñado para persoas comprometidas co voluntariado social e con ganas de marcar a diferenza na vida de quen máis o precisa. O noso obxectivo é formar e acompañar a voluntarios que queiran ser parte activa da nosa Fundación, proporcionándolles habilidades clave para a acción social a través dunha formación teórica de calidade e prácticas supervisadas por profesionais expertos.
📚 Formación GRATUÍTA en:
✅ Deseño de programas sociais para persoas en risco de exclusión (40 horas)
✅ Estratexias de prospección e procura de emprego (12 horas)
✅ Marketing no terceiro sector (35 horas)
Cada acción formativa posibilitará que os voluntarios realicen 25 horas de voluntariado vinculadas aos contidos de cada formación para obter o título acreditativo. Deste xeito, a formación complementarase con traballo práctico, acompañados de profesionais que realizan estas tarefas diariamente.
💡 ¿Como participar?
As persoas interesadas realizarán unha entrevista inicial para coñecer o seu perfil e asignalas ao proxecto máis axeitado. Ademais, formalizarase a súa inscrición en https://voluntariadogalego.org/.
Financiamento
Programa financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 4 de xullo de 2025 pola que se convocan subvencións para programas de interese xeral dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do imposto de sociedades.
Contacto
📍 Vigo | Av. Camelias, 42 – Baixo
📞 698 149 582 – Paula
📧 paulatoucedo@fundacionimpulsarse.es
📢 Inscríbete e forma parte do cambio!
A



