RUSTICS: Programa de alfabetización dixital para maiores de 55 anos

RUSTICS: Programa de alfabetización dixital para maiores de 55 anos

O programa RUSTICS está dirixido a persoas maiores de 55 anos que desexen aprender a usar a tecnoloxía dun xeito sinxelo, práctico e adaptado ás súas necesidades. O obxectivo é mellorar a autonomía e a confianza no ámbito dixital, facilitando a utilización do móbil, Internet, redes sociais e aplicacións útiles no día a día.

Cidades onde se realiza:

  • Vigo
  • Padrón
  • Monforte de Lemos
  • O Carballiño

Cursos dispoñibles e duración:

  1. Informática básica e iniciación a Internet e correo electrónico – 32 horas
  2. Internet e aplicacións co móbil – 20 horas
  3. Iniciación ás redes sociais – 20 horas
  4. Trámites e xestións persoais por Internet (e-Administración) – 12 horas
  5. Uso de Google Maps – 8 horas
  6. Retoque fotográfico – 32 horas
  7. Ofimática básica – 40 horas
  8. Aprende a facer xestións co móbil – 12 horas

¿Por que participar?

Este programa ofrece:

  1. Formación adaptada a persoas maiores de 55 anos
  2. Clases prácticas e fáciles de seguir
  3. Mellora da autonomía dixital no día a día
  4. Confianza para usar Internet, redes sociais e xestións móbiles

Estas formacións están deseñadas para desenvolver competencias prácticas demandadas no mercado laboral, facilitando así novas oportunidades de emprego.

Información e inscrición:

📞 694 30 02 42 – Alicia

📞 986 04 64 41 – Oficina
orientacion@fundacionimpulsarse.es

Programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 16 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades (procedemento BS623D).

Murcia Impulsa

Si estás desempleado/a y quieres recibir ayuda para mejorar tus oportunidades laborales, Murcia Impulsa es para ti.

Este proyecto integral de empleo para colectivos vulnerables está financiado por fondos procedentes delMinisterio de Trabajo y Economía Social – Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).

CONECTA EMPREGO MONFORTE

Conecta Emprego Monforte é un programa orientado a mellorar a empregabilidade da mocidade mediante formación adaptada, desenvolvemento de habilidades sociolaborais e acompañamento na procura de emprego.

Lerch@s Sociais 2026

O proxecto Lerch@s Sociais é un programa deseñado para persoas comprometidas co voluntariado social e con ganas de marcar a diferenza na vida de quen máis o precisa.