
Programa Fórmate na empresa 2026
A Fundación Impulsarse para o Desenvolvemento do Emprego e a Integración Social participa no Programa Fórmate na empresa 2026, impulsado pola Xunta de Galicia e co apoio financeiro da Unión Europea, como entidade beneficiaria dunha subvención destinada a fomentar a empregabilidade da mocidade galega.
Este programa permite que persoas mozas maiores de 18 anos realicen estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas vinculadas a sectores económicos estratéxicos.
Descrición do proxecto
Buscamos incorporar persoas mozas profesionais, proactivas e motivadas, para integrarse en diversas áreas. O programa ofrece oportunidades reais de crecemento e aprendizaxe nun entorno dinámico e orientado á inserción laboral.
Obxectivos do programa
- Reforzar a empregabilidade e as habilidades profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas en sistemas de educación ou formación.
- Mellorar a formación mediante a adquisición de experiencia profesional, favorecendo a incorporación ao mercado laboral.
- Potenciar a educación non formal orientada ás demandas do contexto laboral actual.
- Achegar a mocidade á realidade empresarial e fomentar a súa autonomía persoal.
- Crear un ecosistema favorable á xeración de oportunidades de emprego xuvenil.
- Favorecer a captación e retención de talento nos sectores clave da economía galega.
Requisitos para participar
- Ter cumpridos os 18 anos e non superar a idade máxima establecida polo SNGX (segundo o artigo 97.c da Lei 18/2014, do 15 de outubro).
- Estar empadroado/a na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como persoa beneficiaria en Galicia.
Condicións e beneficios
- Bolsa de formación de 700 € mensuais, con incrementos de:
- +100 € para persoas con discapacidade
- +100 € adicionais por desprazamento (cando a estadía sexa fóra do concello de residencia)
- Formación complementaria
- Apoio e titorización durante toda a estadía
- Estadías cunha duración mínima de 120 horas mensuais
- Asistencia mínima de cinco días laborais por semana
Postos ofertados 2026
1. Enxeñaría / Área Técnica (1 posto) – Nigrán
- Posto: Enxeñeiro/a Químico ou Enxeñeiro/a Industrial (especialidade Química)
- Funcións: Apoio en procesos de produción, control de calidade e mellora continua
2. Produción – Operarios/as (2 postos) – O Porriño
- Posto: Operario/a de produción
- Requisitos: Estudos mínimos ESO, carné de conducir e vehículo propio
- Valorables: Carné de carretillero/a en vigor
3. Loxística (1 posto) – O Porriño
- Posto: Operario/a de loxística e almacén
- Requisitos: Experiencia en loxística e carné de carretillero/a en vigor
4. Marketing e Comunicación (2 postos) – Vigo
- Posto: Técnico/a de redes sociais, marketing e deseño
- Funcións: Xestión de redes sociais, creación de contido, deseño gráfico e publicidade dixital
- Requisitos: Formación en Marketing, Comunicación ou Deseño Gráfico. Manexo de ferramentas como Adobe ou Canva e redes sociais
5. Produción – Carpintaría (1 posto) – O Porriño
- Posto: Operario/a de carpintaría
- Requisitos: Estudos básicos, habilidade manual e coñecementos básicos do oficio
6. Produción – Despezamento de froita (4 postos) – Gondomar
- Posto: Operario/a de despezamento de froita
- Requisitos: Habilidade manual
- Valoración: Especial consideración a persoas con certificado de discapacidade
Inscrición
As solicitudes deberán presentarse a través da ligazón habilitada para o programa:
Prazo de presentación:
Do 15 de abril de 2025 ao 04 de maio de 2025
Contacto
📍 Dirección: Fundación Impulsarse
C/ Camelias 42, Vigo
📱 Teléfonos: 604 04 77 21 Carolina
✉️ Correo electrónico:
carolinavilavedra@fundacionimpulsarse.es


