Fundación Impulsarse participa no programa Xuventude Mentoring na empresa, impulsado pola Xunta de Galicia, como entidade beneficiaria dunha subvención na que poderán participar 24 persoas mozas maiores de 18 anos, para a realización de estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia.
A finalidade deste programa é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, cos seguintes obxectivos específicos:
a) Potenciar os programas de educación non formal nos que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.
b) Achegar ás persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.
c) Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.
d) Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.
REQUISITOS DAS PERSOAS MOZAS PARTICIPANTES NESTE PROGRAMA
a) Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
CONDICIÓNS E BENEFICIOS DO PROGRAMA
As persoas participantes percibirán unha bolsa de formación cun importe de 630 € mensuais, incrementada en 100€ en caso de persoas con discapacidade, e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía non sexa no concello de residencia do participante.
Ademais recibirán unha formación complementaria, cun mínimo de 20 horas lectivas e apoio e titorización durante a duración das estadías.
As horas formativas nas entidades ou empresas nas que se realizan as estadías terán unha duración mínima de 100 horas mensuais e un mínimo de catro días laborais por semana.
PRAZAS OFERTADAS E EMPRESAS NAS QUE SE REALIZARÁN AS ESTADÍAS FORMATIVAS
4 prazas no sector automoción: ALUDEC S.A (Ponte Caldelas), nas áreas de producción, almacén e métodos.
12 prazas no sector de agroalimentación: HIJOS DE CARLOS ALBO S.L.U. (Salvaterra do Miño), nas áreas de producción, mantemento, control de producción e administración de finanzas.
6 prazas no sector de Calidade de vida e benestar: BO DÍA SERVICIOS SOCIOSANITARIOS S.L. (Vigo), nas áreas de servicios auxiliares de xeriatría e cociña.
2 prazas no sector das Tecnoloxías da información e da comunicación: POLYGONE VIGO S.L. (Vigo) para a área de marketing e redes sociais.
2 prazas no sector das Tecnoloxías da información e da comunicación SICOM CREA-TICLAB (Vigo) para a área de marketing, redes sociais e administración.
2 prazas no sector das Tecnoloxías da información e da comunicación en ARA INFOR-MÁTICA (Pontevedra) para a área de administración e administración comercial.
FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes das persoas mozas interesadas en participar no programa Xuventude Mentoring na empresa presentaranse telematicamente a través deste formulario de inscrición.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Martes 22 de agosto – Xoves 7 de setembro incluídos .
CONTACTO:
Para máis información:
Correo electrónico: orientacion@fundacionimpulsarse.es
Teléfonos: 698 19 40 66 – 986 046 441