Programa Xuventude Mentoring na Empresa 2025

Fundación Impulsarse para o Desenvolvemento do Emprego e a Integración Social participa no Programa Xuventude Mentoring na Empresa, impulsado pola Xunta de Galicia e co apoio financeiro da Unión Europea, como entidade beneficiaria dunha subvención destinada a fomentar a empregabilidade da mocidade galega.

Este programa permite que persoas mozas maiores de 18 anos realicen estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas vinculadas a sectores económicos estratéxicos.

Obxectivos do programa

  • Reforzar a empregabilidade e as habilidades profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas en sistemas de educación ou formación.
  • Mellorar a formación a través da adquisición de experiencia profesional para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral.
  • Potenciar a educación non formal orientada ás demandas do contexto laboral actual.
  • Achegar a mocidade á realidade empresarial e fomentar a súa autonomía persoal.
  • Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.
  • Favorecer a captación e retención de talento nos sectores clave da economía galega.

Requisitos para participar

  • Ter cumpridos os 18 anos e non superar a idade máxima establecida polo SNGX (segundo o artigo 97.c da Lei 18/2014, do 15 de outubro).
  • Estar empadroado/a na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Estar inscrito/a no SNGX e figurar como persoa beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Condicións e beneficios

  • As persoas participantes percibirán unha bolsa de formación cun importe de 700 € mensuais, incrementada en 100€ en caso de persoas con discapacidade, e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía non sexa no concello de residencia do participante.
  • Formación complementaria cun mínimo de 20 horas lectivas.
  • Apoio e titorización ao longo das estadías.
  • Estadías cunha duración mínima de 100 horas mensuais e asistencia mínima de catro días laborais por semana.

Postos ofertados 2025

  • Marketing: 2 prazas (Vigo)
  • Manipulación de froitas / Operario/a industria alimentaria: 3 prazas (Gondomar)
  • Operarios/as cadea de produción: 4 prazas (Porriño)
  • Traballo social: 1 praza (Vigo)
  • Administración con contabilidade: 1 praza (Vigo)
  • Costura: 1 praza (Vigo)

Inscrición

As solicitudes das persoas mozas interesadas en participar no programa Xuventude Mentoring na empresa presentaranse a través da seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSflpjw9Ssl9oMuYZzNXwk8Kh2CuYloeANwG62l0DwuNobVOuQ/viewform?usp=header

Prazo de presentación de solicitudes:

2 de Maio de 2025 ata o 15 de Maio de 2025

Contacto:

📍 Dirección: Fundación Impulsarse, C/ Camelias 42, Vigo.
📱 Teléfono: 698 12 68 38 / 986 046 444
✉️ Correo electrónico: prospeccion@fundacionimpulsarse.es

oviedo impulsa 2025

PAE 2025

Tiene como objetivo mejorar la inserción laboral mediante orientación y píldoras formativas de corta duración articuladas en distintos itinerarios personalizados de empleo.

Impulsa mujer 5

Impulsa Mujer 5

Programa gratuito en Vigo – Galicia dirigido a mujeres en situación de violencia de género. Formación con prácticas, orientación laboral y beca. ¡Inscríbete ahora!

Punto Violeta

La violencia de género es una realidad que nos interpela como sociedad. No es un problema individual, es una responsabilidad colectiva. Desde Fundación Impulsarse ponemos en marcha el programa “Yo Soy Tu Punto Violeta”, una iniciativa de sensibilización, prevención y creación de redes de apoyo que busca convertir cada espacio en un lugar más seguro.