Programas
En esta página encontrarás todos los programas realizados por la Fundación Impulsarse, incluyendo tanto los ya finalizados como los que se encuentran actualmente en curso.

Punto Violeta
La violencia de género es una realidad que nos interpela como sociedad. No es un problema individual, es una responsabilidad colectiva. Desde Fundación Impulsarse ponemos en marcha el programa “Yo Soy Tu Punto Violeta”, una iniciativa de sensibilización, prevención y creación de redes de apoyo que busca convertir cada espacio en un lugar más seguro.

Redevital Sociolaboral
Formación gratuita e acompañamento á inserción laboral
Se estás en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social, este programa é para ti. Ofrecémosche a oportunidade de mellorar as túas competencias profesionais e acceder ao mercado laboral con apoio personalizado durante todo o proceso.

RUS-TICs
Descubre as vantaxes que o mundo dixital pode ofrecer no día a día: comunicarse coa familia, facer xestións, mercar online ou manexar apps.

VIDA ACOMPAÑADA
O programa VIDA ACOMPAÑADA da Fundación Impulsarse ofrece apoio e acompañamento a persoas maiores en situación de soidade non desexada. A través de entrevistas, accións individualizadas e presenza activa no día a día, buscamos mellorar a súa calidade de vida e promover un envellecemento máis digno e acompañado. Programa financiado pola Xunta de Galicia.

ACTIVA MULLER
Activa Muller é un programa de formación e orientación para mulleres en situación de vulnerabilidade. Ofrecemos talleres prácticos en autocoidado, primeiros auxilios, limpeza e almacén, ademais de acompañamento na procura de emprego. Se estás vivindo unha situación complexa e queres dar un paso máis, este é o teu lugar. Acompañámoste no camiño.

CONECTA EMPREGO
Desde a Fundación Impulsarse poñemos en marcha o programa CONECTA EMPREGO, unha iniciativa dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos en situación de desemprego, co obxectivo de facilitar o seu acceso ao mercado laboral a través da formación e o desenvolvemento de habilidades clave.

Programa Xuventude Mentoring na Empresa 2025
Programa Xuventude Mentoring na Empresa, impulsado pola Xunta de Galicia e co apoio financeiro da Unión Europea, como entidade beneficiaria dunha subvención destinada a fomentar a empregabilidade da mocidade galega.

Lerch@s Sociais
Lerch@s Sociais é un programa de voluntariado e formación gratuíta en inclusión, emprego e acción social. Converte a túa implicación nun motor de cambio real. Inscricións abertas.

BIOSFERAS ANCESTRALES Itinerarios de Empleo Verde
BIOSFERAS ANCESTRALES es un proyecto para la inserción laboral y la sostenibilidad ambiental que ofrece formaciones gratuitas en prácticas sostenibles, economía circular y conservación del patrimonio natural y cultural en Pontevedra, Asturias y Salamanca. ¡Inscríbete y sé parte del cambio hacia un futuro más verde!