
Se estás en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social, este programa é para ti. Ofrecémosche a oportunidade de mellorar as túas competencias profesionais e acceder ao mercado laboral con apoio personalizado durante todo o proceso.
👥 Dirixido a:
Persoas que precisen reforzar as súas oportunidades de inserción laboral.
🎓 Formación dispoñible:
• Operario/a de loxística e produción – 45 h
• Persoal de supermercado – 40 h
• Operador/a de carretillas elevadoras – 20 h
🧩 Que che ofrecemos?:
✔ Entrevista inicial personalizada
✔ Diagnose sociolaboral
✔ Acompañamento continuo
✔ Avaliación individual adaptada ás túas necesidades
📞 Contacta connosco e reserva a túa praza!
📱 698 149 582
📍 Camelias 42, Baixo – Vigo
✉️ paulatoecedo@fundacionimpulsarse.es
Un programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e desenvolvido pola Fundación Impulsarse.



