Orientación, formación e empoderamento para transformar a túa vida

Es unha muller en situación de vulnerabilidade ou resides no rural?
Na Fundación Impulsarse poñemos en marcha o programa ACTIVA MULLER, unha iniciativa pensada para acompañarte, orientarte e formarche, coa finalidade de que acadas unha vida máis autónoma, activa e con estabilidade profesional.

A quen vai dirixido?

Este programa está destinado a mulleres que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

  • Vítimas de violencia de xénero
  • Mulleres inmigrantes ou pertencentes a minorías étnicas
  • Desempregadas de longa duración
  • Perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares
  • Mulleres con discapacidade
  • Mulleres con problemas de adicción
  • Mulleres que residan en contornos rurais

Que ofrecemos?

Un acompañamento integral que comeza polo coidado do máis importante: o teu benestar emocional. Desde aí, axudarémosche a descubrir novas oportunidades laborais e prepararte para acceder a elas.

  1. Entrevistas iniciais (individuais ou grupais, segundo prefiras) para coñecer a túa situación, necesidades e expectativas.
  2. Obradoiro de xestión do estrés e autocoidado (8 horas)
  3. Formación profesional orientada á inserción laboral:
    • ⛑️ Primeiros auxilios (12 horas)
    • 🧼 Operaria de limpeza (70 horas)
    • 📦 Operaria de almacén (70 horas)

Onde se realiza?

O programa desenvolverase nas seguintes localidades:

  • Vigo
  • Padrón

Inscríbete e dá o primeiro paso

📞 698 149 582
📧 elisabethfigueirido@fundacionimpulsarse.es
📌 Avda. das Camelias, 42 – baixo | Vigo

Programa financiado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, con cargo ao 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades, segundo a ORDE do 11 de setembro de 2024 (procedemento BS623D).

Activa o teu presente. Proxecta o teu futuro.

Acompañámoste no camiño cara a unha vida máis forte, libre e chea de oportunidades.

oviedo impulsa 2025

PAE 2025

Tiene como objetivo mejorar la inserción laboral mediante orientación y píldoras formativas de corta duración articuladas en distintos itinerarios personalizados de empleo.

Impulsa mujer 5

Impulsa Mujer 5

Programa gratuito en Vigo – Galicia dirigido a mujeres en situación de violencia de género. Formación con prácticas, orientación laboral y beca. ¡Inscríbete ahora!

Punto Violeta

La violencia de género es una realidad que nos interpela como sociedad. No es un problema individual, es una responsabilidad colectiva. Desde Fundación Impulsarse ponemos en marcha el programa “Yo Soy Tu Punto Violeta”, una iniciativa de sensibilización, prevención y creación de redes de apoyo que busca convertir cada espacio en un lugar más seguro.