Un programa para combater a soidade non desexada en persoas maiores

Vida Acompañada Miniatura
Vida Acompañada Miniatura

Na Fundación Impulsarse poñemos en marcha o programa VIDA ACOMPAÑADA, unha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia e dirixida a persoas maiores que se atopan en situación de soidade non desexada. O noso obxectivo é ofrecer acompañamento, apoio e solucións reais para mellorar a súa calidade de vida.

🤝 En que consiste o programa?

O primeiro paso é escoitar. Queremos coñecer a situación de cada persoa participante, identificar as súas necesidades e deseñar actuacións personalizadas que lles axuden no seu día a día.

  1. Entrevistas individuais: concertaremos unha cita con cada persoa maior para falar, comprender a súa realidade cotiá e detectar carencias ou dificultades.
  2. Charla de sensibilización e información: aberta a todas as persoas interesadas, para presentar o modelo de vida compartida e fomentar unha comunidade máis unida e solidaria.
  3. Acompañamento no día a día: un/a auxiliar de servizos será o referente que compartirá tempo coas persoas participantes, ofrecendo apoio en tarefas como:
    • Ir á compra ou facer xestións
    • Limpeza do fogar
    • Acompañamento a citas médicas
    • Axuda co uso do móbil e outros dispositivos
    • Conversas e tempo compartido para reducir a soidade
  4. Intervencións a longo prazo: grazas á información recompilada, deseñaremos accións sostibles no tempo que fomenten a autonomía persoal e preveñan situacións de dependencia. Estas medidas poderán incluír:
    • Fogares compartidos
    • Transporte comunitario
    • Redes de apoio mutuo

Todo dependerá das necesidades reais detectadas.

Como participar?

Queremos chegar ao maior número de persoas posible. Se coñeces a alguén que poida beneficiarse ou se ti mesma/o precisas apoio, contacta connosco. Estaremos encantadas de axudarche a dar este paso cara a unha vida máis acompañada e plena.

📞 698 149 582
📧 elisabethfigueirido@fundacionimpulsarse.es
📌 Avda. das Camelias, 42 – baixo | Vigo

VIDA ACOMPAÑADA é un programa financiado pola Xunta de Galicia.

Porque acompañar é coidar, e coidar é transformar vidas.

Impulsa T.E.A.M

Impulsa T.E.A.M. es un programa de prevención y sensibilización frente a la violencia de género dirigido a mujeres, diseñado para fortalecer su autonomía personal, emocional y social antes de que se produzcan situaciones de abuso.

GAIA VII

Si eres mujer y estás buscando un cambio, desde el Programa de Atención Integral a Mujeres en Situación de Vulnerabilidad te ofrecemos un apoyo real y cercano.
Estamos aquí para ayudarte.

Impulsa-T 25/26

La interrelación entre orientación, formación e inserción laboral es clave para el éxito profesional. La orientación laboral no solo ayuda a identificar tus habilidades y metas, sino que también te guía hacia la formación adecuada. Al adquirir nuevas competencias, aumentas tus posibilidades de ser un candidato atractivo para los empleadores. Esto, a su vez, facilita tu inserción en el mercado laboral, ya que muchas organizaciones valoran la combinación de habilidades actualizadas y una buena orientación en el proceso de selección.